Banner Top

ESCOLA 2018/19

CURSO 2018/2019

Novidades especialmente no cambio de horarios en comparación co ano pasado.

Manteremos dous grupos principalmente:

 

GRUPO DE MENORES

PREBENXAMÍN (2012)  BENXAMÍN (2008-2009)  ALEVÍN (2008-2009)
Seguirán adestrando mércores e venres, pero este ano de 17:00 a 18:00 e contarán como coordinadora a Susana Castro coa axuda de Sara González, Miguel Vilaboy e Toni Rey. As categorías benxamín e alevín participarán no programa XOGADE de atletismo e tamén poderán participar nas probas da federación galega de atletismo, xa que se lles fará ficha polas dúas entidades. O obxetivo seguirá sendo disfrutar do deporte, xogar, á vez que se van introducindo técnicas atléticas de forma divertida e introducción ás probas federadas. As clases comezarán o primeiro mércores de outubro.


GRUPO DE MAIORES

INFANTIL (2006-2007) CADETE (2004-2005) XUVENIL (2002-2003) JUNIOR (2000-2001)
A dinámica será moi similar ó ano pasado, os adestramentos serán martes, mércores e venres de 18:00 a 19:15 para todos eles, e os cadete e maiores adestrarán tamén os sábados de 11:00-12:15, (con adaptacións en cada caso). O responsable seguirá sendo Miguel Vilaboy, coa colaboración de Sara González, Toni Rey e Susana Castro. O grupo de maiores comezarán as clases en setembro.

 

Aos rapaces faráselles licenza pola federación galega e incentivarase a práctica de deporte federado. Nesta etapa comezarase cunha especialización técnica pero sen deixar en ningún momento de lado a diversión da práctica deportiva; buscando, sobre todo nos máis pequenos a participación na maior diversidade de disciplinas atléticas posibles.

Inscricións na oficina do polideportivo municipal en horario de mañá.