Banner Top

Outra nova participación nun Cto. Galego para o atleta Xosé Manuel “Minecho”. Nesta ocasión o Campionato Galego de 5km en ruta, que se celebro en Vimianzo, cunhas condicións meteorolóxicas bastante extremas, xa que comezaron a carreira a 29graos.

A pesares do calor, Minecho realizou unha boa carreira, na que rozou o podium na súa categoría, na que finalmente quedou de cuarto en M-45 cun tempo de 17:58 acadando o posto 40 da proba xeral.

Parabéns novamente Mine!!!

RESULTADOS COMPLETOS