Banner Top

As Pontes será o lugar onde este ano se disputará o XXXVII Campionato de España de Caza San Huberto, será os próximos días 15 e 16 de setembro, nos montes do Forgoselo. A proba será sobre perdiz vermella e está organizada pola Real Federación Española de Caza en colaboración coa Federación Galega de Caza.

  • Data: 15 e 16 de setembro
  • Hora: Todo o día
  • Lugar: Montes do Forgoselo