Banner Top

Outra semana de competición intensa para os padexeiros do Grupo
Xuvenil-Matojoma de As Pontes.

O día 15, nos 20 km que separan Portonovo e Pontevedra os veteráns
Carlos Pedreira, José Antonio Menéndez, Josiño García e Antonio Polo
fixéronse coa victoria na súa categoría, so superdos polos 4 primeiros
K4 da categoría sénior e, sen case tempo para descansar o sábado 18
desprazaronse a Tui para participar no Descenso Internacional do Miño.
Nesta ocasión Manuel Alén rematou 10.º en k1 junior, Ernesto Gancedo 8.º
en k1 veterano, José Antonio Menéndez e Josiño García 4.º en k2 veterano
e Antonio Polo 1º en k1 veterano.

O vindeiro sábado tócalles o turno aos infantiles do equipo que viaxarán
a Lugo a desputar a última regata da tempada da Liga Galega de Infantiles.